Auditorio Municipal de Lalín
36500 Lalín, España
Auditorio Municipal de Lalín Información sobre la empresa
Información generál
O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, é un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza, que aglutina a seis concellos (Lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Dozón e Agolada) nun área de 987,7 quilómetros cadrados.
A súa situación xeográfica, no denominado "Quilómetro cero de Galicia" e equidistante das principais cidades, converte a Lalín nun importante enclave loxístico dentro da comunidade autónoma. Esta posición vantaxosa estase a reforzar aínda máis cos importantes investimentos en infraestructuras viarias, que permitirán reduci-lo tempo de conexión coas grandes capitais: Santiago de Compostela (25 minutos), A Coruña (50), Lugo (40), Ourense (25), Pontevedra (40) e Vigo (50).
A poboación do Concello de Lalín é de 20.453 habitantes e está dividida entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 parroquias do rural: Albarellos, Alemparte, Alperiz, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro, Catasós, Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Erbo, Filgueira, Fontecabalos, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lalín de Arriba, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moneixas, Muimenta, Noceda, Palio, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, Xesta e Zobra.
Considerando o conxunto da Comarca de Deza, que abrangue ás xurisdiccións de Deza,Camba, Dozón, Carbia, Trasdeza e Valquireza, as cifras de poboación achéganse ós 50.000 habitantes. Esta comarca, situada no extremo setentrional da provincia de Pontevedra, linda ó oeste coa Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, ó norte coas de Arzúa e Terra de Melide (A Coruña), ó leste coas de Chantada e A Ulloa (Lugo) e ó sur coa do Carballiño (Ourense).
No ámbito da natureza, o Concello de Lalín goza de envexables paisaxes, que son froito dun clima atlántico húmido, caracterizado pola súa alta pluviosidade e por unha temperatura media anual que xira en torno ós 12 graos centígrados. Esta demarcación, regada polas correntes dos ríos Deza, Arnego e Asneiro, ten os seus puntos máis elevados na Serra do Candán e nos montes do Coco e do Testeiro.
Ó longo dos seus 326 quilómetros cadrados, o Concello de Lalín garda incomparables tesouros naturais, como as carballeiras da Crespa, do Rodo e de Barcia, sendo esta última a máis singular por contar con centos de carballos perfectamente aliñados en ringleiras. Asemade, tamén destaca pola súa beleza o souto de Quiroga, en Catasós, que está formado por uns castiñeiros cunhas características especiais de crecemento que os converten nos exemplares co índice de medranza e o porte máis alto de Europa.
Na actualidade, este municipio conta cunha economía moi diversificada, posto que a tradicional actividade agrícola e gandeira foi abrindo portas progresivamente nas últimas décadas a un sector industrial en expansión, principalmente puxante nas ramas do téxtil, do aluminio e da construcción.
Esta diversificación tamén ten unha traducción xeográfica, posto que no núcleo urbano e nas parroquias colindantes atópanse tódolos servicios e a maior parte das industrias -situadas maioritariamente nos dous polígonos existentes-, mentres que na zona eminentemente rural a economía segue a estar baseada nas explotacións agropecuarias, que aproveitaron a riqueza da comarca para modernizarse e facerse máis competitivas.
As condicións socioeconómicas, a súa localización xeográfica e o apoio institucional proxectan a Lalín como un municipio con grandes expectativas de crecemento. Neste proceso, un dos factores determinantes será a mellora das infraestructuras, como a autoestrada Santiago-Ourense, ou a posta en marcha de novos servicios, como a Cidade do Transporte -recentemente inaugurada-, dous novos aparcadoiros soterrados na vila -en proceso de licitación-, o proxectado aeródromo deportivo ou a remodelación do pavillón polideportivo e do estadio de fútbol.
Esta puxante situación do municipio lalinense tamén se ve reflectida no interese comercial amosado por grupos empresariais como Eroski, que proximamente asentará na zona unha grande área con establecementos comerciais e de ocio. Ó mesmo tempo, varios empresarios de Lalín tamén iniciaron os trámites urbanísticos para construír outra alternativa lúdica e comercial exclusivamente con financiamento dos empresariado local.
No apartado festivo, a Feira do Cocido, que se celebra cada ano no domingo anterior ó Entroido, é o máximo expoñente do Concello de Lalín. Nas 34 edicións da súa historia, este evento gastronómico foi gañando pulo ata converterse nunha das festas máis importantes -senón a que máis- do calendario lúdico galego. A súa sona mesmo alcanza xa repercusión en foros internacionais, un feito ó que contribuíu o esforzo promocional realizado dende o concello.
Outra das feiras senlleiras é a do cabalo, que se celebra na primeira semana do mes de abril e sirve para que cabaleiros e gandeiros de toda Galicia acudan a participar nas diferentes actividades e competicións. Por outra banda, os días 3 e 18 de cada mes o Campo da Feira Vello acolle os tradicionais mercadiños.
No capítulo festivo tamén destacan as celebracións de carácter relixioso, como as festas patronais na honra da Virxe das Dores, que se celebran o terceiro domingo de setembro, ou a romaría do Corpiño, que se celebra os días 23 e 24 de xuño na parroquia de Santa Baia de Losón. A esta romaría, unha das máis famosas de toda Galicia, acoden devotos de infinidade de lugares coa confianza de que a Virxe espantará dos seus corpos e mentes aqueles problemas e enfermidades que se lle escapan á medicina.
Conta a lenda que no século X, nunha cova do monte Carrio vivía un ermitaño moi apreciado que ó morrer foi soterrado polos veciños, que ocultaron o corpo incorrupto antes de escapa-la invasión dos árabes. A pista do escondite do corpo perdeuse ata que unha tarde foi descuberta por uns nenos pastores, que se viron atraídos polo estraño resplandor que saía dunha cova. O denominado lugar "do corpiño" sinalábao a propia Virxe co Neno Xesús nos seus brazos.
Rua Ramon Aller, 27 Lalín
- Horario de apertura
-
Lunes:08:00 - 15:00Martes:08:00 - 15:00Miércoles:08:00 - 15:00Jueves:08:00 - 15:00Viernes:08:00 - 15:00Sábado:09:00 - 14:00
- Estacionamiento
- La empresa dispone de un aparcamiento.
- Número de teléfono
- +34986783570
- Linki
- Cuentas de Redes sociales
- Palabras clave
- auditorio, salón
Auditorio Municipal de Lalín Opiniones y valoraciones
¿Cómo valora esta empresa?
¿Es usted el propietario de esta empresa? Si es así, no pierdas la oportunidad de actualizar el perfil de tu empresa, añadir productos, ofertas y posicionarte mejor en los buscadores.