Trepia
36002 Pontevedra, España
Trepia Información sobre la empresa
Información generál
Na A.C. Trépia teñen cabida moitas e variadas actividades culturais. O eixo central, como é óbvio, é a música tradicional; pero ese eixo é traballado desde unha óptica aglutinante innovadora. Quer dicer, que dado que a música tradicional representa unha expresión cultural colectiva atemporal (existiu onte, existe hoxe, e existirá mañá; abranguendo e incorporando características e matices de todas as épocas ao longo da súa vida), non podemos separar esta expresión cultural doutras manifestacións contemporáneas.
As gravacións do arquivo de rcolleitas conteñen mostras máis antigas, pero tamén outras rexistradas no 2005, 2006... até a actualidade. Como pretender, pois, musealizar e anquilosar como algo estático a nosa música tradicional? É algo vivo, activo e presente na sociedade do século XXI; e como tal, non se lle poden negar as posibilidades que ten en canto música contemporánea que é. Así pois, esta asociación ten participado en inicativas como DuploR (Concertos Regueifa-Rap), os certames GzCrea (1º premio música ano 2008, 2º premio música ano 2010, 2º premio videocreación 2008 e 2010), Nsaio Xeral (2008) ou o Pecha-Kucha Night (mostra de novos creadores) en dúas ocasións. Promovemos actividades arredor da presencia da música tradicional en ambientes urbanos (como a Aña Urbana, con máis de 7 edicións) e temos participado en distintos programas socio-educativos tanto co concello de Pontevedra (Noites Abertas, aulas de baile e pandeireta en centros sociais e asociacións veciñais, programas de dinamización do rural, etc.).
Antigo Conservatorio de Pontevedra Pontevedra
- Horario de apertura
-
Lunes:19:00 - 22:00Martes:19:00 - 22:00Miércoles:19:00 - 22:00Jueves:19:00 - 22:00Viernes:10:00 - 13:30Sábado:10:00 - 13:30
- Estacionamiento
- La empresa dispone de un aparcamiento.
- Número de teléfono
- +34986241003
- Linki
- Cuentas de Redes sociales
- Palabras clave
- tienda de ropa para mujeres
Trepia Opiniones y valoraciones
¿Cómo valora esta empresa?
¿Es usted el propietario de esta empresa? Si es así, no pierdas la oportunidad de actualizar el perfil de tu empresa, añadir productos, ofertas y posicionarte mejor en los buscadores.