Museo Etnográfico de A Capela
15613 Capela, España
Museo Etnográfico de A Capela Información sobre la empresa
Información generál
Todos os pobos teñen unha individualidade de seu que lles da a súa especifica personalidade. Esa conformación emana da fonda raigame dos nosos antepasados, os seus costumes, a súa maneira de vivir, as súas crenzas; todo un conxunto de compoñentes que dan lugar ao sagrado edificio da Cultura. É moito o que o mundo rural ten aportado a ese edificio e á vida, en xeral; tamén é evidente que unha grande parte desta aportación está esmorecendo progresiva e implacablemente.
Coa finalidade de recuperar (como recurso de identidade) e poñer en valor (como recurso de desenvolvemento local) ese rico patrimonio, créase o MUSEO ETNOGRÁFICO DA CAPELA.
No ano 1981 inicíase no CEIP “Mosteiro de Caaveiro” unha experiencia sociopedagóxica consistente nunha ” mostra permanente de obxectos recollidos polos alumnos nas suas casas, propios da cultura tradicional popular” , experiencia que resultou exitosa e gratificante, recoñecida e valorada por toda a comunidade educativa e veciñal e que pouco a pouco se foi extendendo fóra do Concello e da comarca, ata que rematou convertindose nunha importante Colección etnográfica incluída no censo de coleccións visitables da Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia.
No ano 2001, o Concello da Capela e o CEIP Mosteiro de Caaveiro acordan a creación dunha asociación denominada “Patronato do Museo Etnográfico da Capela” coa fin de ser un valorizador integral do patrimonio cultural de A Capela; a este proxecto únense todas as asociacións veciñais, culturais, etc. pertencentes ao Concello, amais doutros socios particulares. O Patronato prantéxase dende o seu nacemento, dous obxectivos principais, a creación dun Museo Etnográfico, para albergar a Colección etnográfica, e a investigación, defensa e promoción da cultura galega, de tal forma que se fomente o aproveitamento dos recursos existentes, a contribución ao desenvolvemento sostible, a dinamización doutros sectores como a hostelería, artesania, etc., e o desenvolvemento turístico do Concello.
O Pazo s/n Capela
- Horario de apertura
-
Domingo:11:30 - 13:30
- Estacionamiento
- La empresa dispone de un aparcamiento.
- Número de teléfono
- +34981459380
- Linki
- Cuentas de Redes sociales
- Palabras clave
- museo, museo etnográfico
Museo Etnográfico de A Capela Opiniones y valoraciones
¿Cómo valora esta empresa?
¿Es usted el propietario de esta empresa? Si es así, no pierdas la oportunidad de actualizar el perfil de tu empresa, añadir productos, ofertas y posicionarte mejor en los buscadores.