Asociación Solfa
15707 Santiago de Compostela, España
Asociación Solfa Información sobre la empresa
Información generál
A Asociación Cultural-Musical Solfa créase no ano 97 e, desde esa data, centramos o noso traballo na formación musical. Impartimos clases a nenas/os, mozas,/os e adultos de solfexo, canto e instrumentos: bombardino, saxofón, frauta, óboe, clarinete, tuba, trompeta, trompa, trombón, percusión e piano no Centro Sociocultural e no CEIP das Fontiñas. Froito do traballo destes anos, formamos a Banda de Música de Solfa composta por 45 instrumentistas e unha agrupación coral formada por 30 persoas.
O noso repertorio está constituído por obras de diferentes estilos, onde destacan as transcricións de temas populares galegos.
Durante estes anos promovemos e impulsamos diversos concertos, intercambios culturais con outras agrupacións, bandas e corais.
A nosa Asociación está aberta a todas as persoas que queiran desfrutar e aprender coa música, como porta aberta á expresión, á creatividade, á cooperación e á colaboración. Contamos con 12 profesionais do ámbito da música para o desenvolvemento diario das nosas actividades e con dous directores:Fernando Rey Mayo, director da Banda e Francisco Tobar, director da coral. Formamos parte dese entramado cultural onde os nosos poetas, compositores, a música e a nosa lingua fan que Galiza exista e sexa unha das razóns fundamentais da existencia de Solfa.
Rua de Berlin 13 Santiago de Compostela
- Horario de apertura
- Estacionamiento
- La empresa dispone de un aparcamiento.
- Número de teléfono
- +34682255520
- Linki
- Cuentas de Redes sociales
- Palabras clave
- coro
Asociación Solfa Opiniones y valoraciones
¿Cómo valora esta empresa?
¿Es usted el propietario de esta empresa? Si es así, no pierdas la oportunidad de actualizar el perfil de tu empresa, añadir productos, ofertas y posicionarte mejor en los buscadores.