Nenea, medrar creando

thumb_up 2464 me gusta
rate_review 15 Comentarios
favorite 11 Favoritos
Lugo
27001 Lugo, España
phone
Haga clic para mostrar el teléfono
Solicitud de información

Nenea, medrar creando Información sobre la empresa

Información generál

Nenea significa nenxs, natureza e arte.
Nenea, medrar creando, é unha asociación educativa que pretende crear unha comunidade de aprendizaxe para crecer xuntos.

Son varias as sementes que planta Nenea, por un lado o espazo de aprendizaxe activa, créase co ánimo de ofrecer un lugar de crecemento e creación respectuoso cos ciclos de Vida e desenvolvemento das persoas, a través dunha conexión directa coa Natureza e a Arte.
O proxecto afiánzase fortemente nunha concepción da educación que se propón facilitar á infancia o desenvolvemento do seu propio Ser, ao mesmo tempo que se lles permite conquistar o mundo que os rodea, respectando as forzas naturais interiores de cada neno e nena. Forzas que os dirixiron dende o seu nacemento á consecución de todos os seus logros e que están presentes en cada momento da súa vida.

Nenea pretende desenvolverse nunha comunidade de aprendizaxe na que as familias son fundamentais. Traballemos todxs por crear unha coherencia no que buscamos da Vida e o que lles ofrecemos ao noso pequenos e pequenas porque para educar un neno e unha nena fai falta a tribo enteira.

A vida cotiá, o xogo libre, os talleres de arte, a relaxación, a cociña. O noso día a día transcorrerá con flexibilidade e ritmo lento nun ámbito natural, en contacto coa nai terra.

Nenea é un proxecto que ten como lingua materna o galego, é bilingüe en castelán e con momentos de inglés, pero, sobre todo, respecta as múltiples linguaxes dos nenos e as nenas.

Outra semente que planta Nenea é a formativa, cursos, xornadas, talleres, charlas e faladoiros familiares. Para os membros da asociación e para toda a comunidade.

Isto e moito máis é Nenea, medrar creando, queremos crecer xuntos tecendo lazos, se queres tecer connosco non tes mais que lanzarnos o teu fío.

Nenea forma parte da Asociación Nacional Edna, de educación na natureza.

Lugo Lugo

Horario de apertura
Número de teléfono
+34615392929
Linki
Cuentas de Redes sociales
Palabras clave
asociación u organización

Nenea, medrar creando Opiniones y valoraciones

¿Cómo valora esta empresa?

¿Es usted el propietario de esta empresa? Si es así, no pierdas la oportunidad de actualizar el perfil de tu empresa, añadir productos, ofertas y posicionarte mejor en los buscadores.

¿Una página similar para su negocio? Asegúrese de que todo el mundo pueda encontrarle a usted y a su oferta. Cree su propia página de empresa en Yoys: ¡es fácil y sencillo!
Añada su empresa